Organizaremos unha visita ao centro histórico de Lugo o sábado ás 11:00. Quedaremos no Museo Provincial de Lugo. Nesta visita combinaremos patrimonio, historia e gastronomía local.
Organizarase un torneo de xadrez rápido con ritmo de xogo 5+3, que se celebrará o venres ás 22:00 nun local colaborador.
Cota de inscrición: 5€
A totalidade das inscricións destinarase a premios, que se repartirán segundo o seguinte esquema:
🥇 50% — 🥈 30% — 🥉 20%
Os premios finais confirmaranse unha vez pechado o número de participantes e comunicaranse antes do inicio do torneo.
Inscrición:
A través de WhatsApp no número +34 722 22 94 13 (Adán), indicando:
Nome e apelidos + “Torneo nocturno de rápidas”.
Organizarase un torneo de fútbol sala en formato 5 vs 5 + 1 suplente, aberto tanto a equipos completos como a inscricións individuais (nese caso a organización formará equipos equilibrados).
O formato de competición adaptarase ao número de equipos inscritos, garantindo un mínimo de 4 a 6 partidos por equipo.
Os encontros disputaranse en horario de mañá os días mércores, venres e sábado.
Requisitos:
Mínimo de 24 xogadores para a realización do torneo.
Prazas limitadas:
Máximo de 64 participantes, por rigorosa orde de inscrición.